in

O CDG inicia os domingos de conciliación de ‘Neorretranca e Posmorriña’

NEP sinfonia 02 |
A compañía pública ofrece este servizo gratuíto para que a cativada poida gozar dun obradoiro impartido por Elea López na Fundación Granell de Santiago mentres os seus maiores asisten á representación do espectáculo no Salón Teatro.

 

O Centro Dramático Galego (CDG) inicia pasado mañá os Domingos de Conciliación asociados á representación da súa nova produción, Neorretranca e posmorriña, no Salón Teatro de Santiago. Trátase dun servizo gratuíto pensado para que as nenas e nenos gocen dun taller de artes escénicas mentres os seus maiores asisten ao espectáculo.

Elea López, colaboradora habitual nas actividades infantís desenvolvidas polo Centro Dramático Galego, volverá ser a encargada de impartir estes obradoiros na Fundación Granell, onde a cativada pasará unha tarde entretida con xogos arredor dos monicreques, teatro de sombras e outras actividades relacionadas co oficio escénico.

Esta iniciativa, incluída no prezo da entrada, desenvolverase os domingos 14, 21 e 28 de abril e 5 de maio, de 17.30 a 21.00. O Centro Dramático Galego habilitou un máximo de 30 prazas para cada un dos días, que poden solicitarse tanto no despacho de billetes do Salón Teatro (aberto de xoves a sábado, de 18,30 a 20,30 h, e os domingos, de 16,00 a 18,00 h.) como no correo [email protected] e no teléfono 881 867 229 (de luns a venres, de 9,00 a 14,30 h.)

Neorretranca e posmorriña é o título da nova produción propia que a compañía pública estreou onte na súa sede compostelá baixo a dirección escénica de Gena Baamonde e cun elenco integramente feminino do que forman parte Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde.


Publicidade

Esta proposta agrupa dúas pezas moi diferentes, tanto deste o punto de vista da dramaturxia como da súa estética, coa reflexión sobre a identidade galega como punto de partida común: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.

 

Funcións e venda de entradas

O espectáculo poderá verse ata o 5 de maio no Salón Teatro, onde o CDG levará a cabo 19 funcións. As de público xeral terán lugar de xoves a sábados, ás 20:30 h., e os domingos, ás 18:00 h. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo tras o pase dos xoves nos chamados Encontros co Público. En canto á campaña escolar, desenvolverase en pases matinais os días 23, 24 e 29 de abril para alumnado de institutos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ElPrecio |

Sete espectáculos na Tempada de Teatro do Pazo da Cultura de Pontevedra

Xabier Deive

Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices