in

O IV Fóra do mapa toma Ferrol do 14 ao 20 de outubro

M.A.R.AndreaDiaz |

A cuarta edición do festival de artes escénicas Fóra do mapa desenvolverase en Ferrol do 14 ao 20 de outubro. Quince compañías daranse cita en diferentes espazos da cidade dentro do programa de creación contemporánea que contribúe a resaltar o seu patrimonio artístico e arquitectónico.

O programa comeza o luns 14 coa inauguración da exposición de Lara Lars ás 20.30 horas no C.C. Torrente Ballester. A actividade continuará o martes 15 co traballo de danza Mujer frente al espejo de Ada Fernández, mentres que o mércores 16 será tempo para o Open mic de comedia feminina de Riot comedy. O xoves 17 tomará o relevo a peza de micropoesía Soy Mujer que tú de ajo&min.

O venres 18 pola tarde o festival continuará co teatro miúdo da man de Bucanero e o seu espectáculo Os dous de Teixeiro ás 18:00, ás 18:45 e ás 19:30. Nese mesmo horario presentarán tamén os seus traballos Inversa Teatro con Sofía, e Carmen Blanco e Miguel Pernas con A primeira vez. Pola súa parte, a Cía. Impás presentará a súa performance de danza-teatro Andare a partir das 21:00.


Publicidade

O sábado 19 o programa comezará con Lúa Testa e o traballo A cidade está presente ás 10:00, ás 14:00, ás 16:00 e ás 20:00. Andrea Díaz desembarcará no Fóra do Mapa pola tarde, co teatro de obxectos M.A.R., cunha triple sesión ás 18:00, ás 18:45 e ás 19:30. O mesmo farán AveLina Pérez con Deixa de tocala, Sam e e Moito Morro con A bonequiña. Por último, Voadora será a encargada de pechar a xornada con Hemos venido a darlo todo a partir das 21:00.

O último día do Fóra do Mapa, Pistacatro serán os encargados de ofrecer un roteiro escénico pola cidade e, a partir das 18:00, será posible asistir á mostra do obradoiro “A práctica escénica como lugar de encontro” desenvolvido ao longo da semana da man da creadora Claudia Faci.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AuditorioDeGalicia |

O Auditorio de Galicia celebra o seu 30º aniversario

Rotweiler |

Viana do Castelo celebra o III Festival de Teatro do 10 ao 18 de novembro