in

Presentación de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva

LarrivaArbores |

ASombraDasArboresLarriva |O vindeiro mércores 13 de novembro, ás 19:00, no Centro Cultural do Concello de Porriño, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, a obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro.

O xurado do Certame destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntanse como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos.


Publicidade

Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia. É unha colaboradora habitual da erregueté | Revista Galega de Teatro. 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XXIIIMemorialIbanToxeiro |

XXIII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña

RutBalbis |

Rut Balbís recibe o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas