in

Josi Lage leva ‘Barbarie en branco e negro’ a Nova York

Josi Lage

Barbarie en branco e negro, unha obra de Esther Carrodeguas interpretada por Josi Lage, estará en Nova York o próximo mércores 27 de novembro, en This is poesía, un evento mensual organizado polo poeta vigués Marcos de la Fuente no espazo do Gran Salón de La Nacional, edificio supervivente do que un día foi Little Spain.

Trátase dunha peza interactiva de 20 minutos estreada na Universitat de Barcelona, e representada logo no Centro Dramático Galego, na sala Ingrávida do Porriño e no Teatro Aforo de Vigo.

Barbarie en branco e negro, “pon ao público contra as cordas e obríganos a enfrontar as pantasmas que poboan o noso interior, xa que, como demostrou Shakespeare, o ben e o mal habitan en todos nós”.

Lage ten participado en montaxes de diversas compañías de teatro como Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico (Unha primavera para Aldara) ou Teatro de Ningures (Atra Bile) e vén de rematar unha etapa como directora do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA).


Publicidade

Carrodeguas, escritora, directora e actriz, recibiu diversos premios polo seu labor como dramaturga (entre os que destaca o Premio Abrente de Textos Teatrais) e estreou varias das súas obras nos últimos anos: Voaxa e carmín, Na butaca, #camiños… Membro xunto con Xavier Castiñeira e Ozkar Galán da compañía ButacaZero (onde actúa como actriz e dramaturga) dirixe dende o ano 2010 o Cadro Artístico Airiños, a compañía de teatro en activo máis antiga de toda Galicia.

Ao programa de This is poesía, xa na súa cuarta edición, súmanse a performer e poeta Helixx C. Armageddon, do East Village, co seu recitado de spoken word e poetry hop nunha peza titulada Emotional Warfare. Despois do Open Mic bilingüe, no que poetas e músicos da escena neoiorquina soben ao escenario para mostrar as súas composicións, a noite rematará coa presentación do novo disco do artista de hip hop Kultama, un dos pioneiros do hip hop na España dos 90 e que agora reside en Nova York e lanza novo álbum, Insomnia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Academia8 |

A Academia Galega de Teatro esíxelle explicacións á Xunta sobre os posibles recortes ao CDG e CCG

EsePajaroNoPuedeEstar |

Sólodos en Danza Ourense entregou os premios da súa edición 2019