O FETEGA acaba de facer público o traspaso na dirección. O carballiñés Carlos Ledo substitúe á actriz Josi Lage, que se despediu no pasado 30ª aniversario e continúa como programadora artística. A Asociación cultural FETEGA deu a coñecer o relevo, onde o perfil buscado para a dirección requiría un profesional con ilusión renovadora pero […]
Etiqueta: Josi Lage
Josi Lage leva ‘Barbarie en branco e negro’ a Nova York
Barbarie en branco e negro, unha obra de Esther Carrodeguas interpretada por Josi Lage, estará en Nova York o próximo mércores 27 de novembro, en This is poesía, un evento mensual organizado polo poeta vigués Marcos de la Fuente no espazo do Gran Salón de La Nacional, edificio supervivente do que un día foi Little […]
Josi Lage: “Precísase poñer en valor o feito de que o FETEGA sexa o único festival integramente dedicado ao teatro galego”
Josi Lage anunciou que despois desta edición deixaba a dirección do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) para dedicarse de cheo á súa profesión de actriz. Nos moitos anos que leva á fronte deste encontro, o FETEGA medrou, mais a costa de pasar por moitas vicisitudes que ela tivo que enfrontar sen contar con […]
Miguel de Lira, Premio de Honra do FETEGA do Carballiño
O actor estará presente no festival do Carballiño este mércores 4, coa obra de Chévere, Curva España. | Foto: Rosinha Rojo | A 30ª edición do Festival de Teatro Galego (Fetega), que se celebra dende hoxe día 2 ata o 6 de setembro no Carballiño, entregará o seu premio de honra ao actor e […]
O CDG celebra a segunda edición de “Teatro Obsceno” no Salón Teatro de Compostela
O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por segundo ano consecutivo o seu programa de accións escénicas curtas Teatro Ob-sceno, que lles abre á creación artística e mais ao público diferentes estancias da súa sede no Salón Teatro de Santiago de Compostela, todas elas situadas fóra do escenario. Desta volta, o ambigú, o montacargas e […]
Nova programación do Salón Teatro de Compostela
O espectáculo ‘Erori’, de Cair Circo, abre o sábado 5 a nova programación da sede do CDG, onde tamén actuarán Aporía Teatro, Helen Bertels, AveLina Pérez, Josi Lage, e Xarope Tulú, entre outros. O Salón Teatro de Santiago será o escenario dunha ducia de espectáculos, eventos e accións formativas ata primeiros de xullo, cando […]
De Ste Xeito Teatro estrea ‘Loló e Mamá’ en Vigo
O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o vindeiro 20 de abril a estrea absoluta de Loló e Mamá a nova produción de De Ste Xeito con texto e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas e interpretado por Stephy Llaryora e Josi Lage As dúas actrices encarnan a Loló e a Margot, a súa nai, que se instala […]
Josi Lage estrea en Barcelona unha obra de Esther Carrodeguas
Josi Lage estrea mañá, 7 de marzo, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona a performance Barbarie en branco e negro. Fantasía nº 4 para La + G, con texto e dirección de Esther F. Carrodeguas, unha proposta para reflexionar sobre a sedución e a sexualidade en relación co poder, sobre o autoengano e […]