in

De Ste Xeito Teatro estrea ‘Loló e Mamá’ en Vigo

transferir |

O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle o vindeiro 20 de abril a estrea absoluta de Loló e Mamá a nova produción de De Ste Xeito con texto e dramaturxia de Esther F. Carrodeguas e interpretado por Stephy Llaryora e Josi Lage

As dúas actrices encarnan a Loló e a Margot, a súa nai, que se instala en casa da primeira logo de quedar no paro, a un océano de distancia. O que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

directo9 |

Casting para o novo espectáculo de Pisando Ovos

Midas1 |

Teatro Proscrito leva a escena por vez primeira a obra dramática de Isaac Díaz Pardo