in

Casting para o novo espectáculo de Pisando Ovos

directo9 |

A compañía Pisando Ovos realizará un taller para a selección dun novo intérprete para DIRECTO 9, próxima peza da compañía en coprodución coa AGADIC.

DIRECTO 9 estará formado por 2 bailaríns/nas e un DJ. Buscamos alguén cun selo corporal persoal que se sume ao equipo formado por Fran Martínez, Jas Processor, Janet Novás, Afonso Castro, Manu Lago, Miramemira e Rut Balbís.

Os ensaios serán entre xullo e setembro (estrea) 2018.

O taller terá lugar o día 9 de maio de 09.00 h a 16.00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

As interesadas deben enviar antes do día 5 de maio a seguinte información:


Publicidade

  • Nome e apelidos
  • Nacionalidade
  • DNI
  • email e teléfono
  • Curriculum
  • Carta de motivación
  • Fotos/Videos/links de traballos

Para envío de inscricións e/ou resolución de dúbidas [email protected]

 

DIRECTO 9  é unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns.

Directo 9 é a novena peza de Pisando Ovos e primeira na que Rut Balbís non forma parte do elenco: un proxecto para un Dj e dous bailaríns. Directo 9 ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión. A obra ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente. Busca  crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial. Directo 9 crea un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todxs xs asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

hollywood |

Obradoiro de danza contemporánea en Carballo

transferir |

De Ste Xeito Teatro estrea ‘Loló e Mamá’ en Vigo