erregueté | Revista Galega de Teatro

PUBLICIDADE

estrea mañá, 7 de marzo, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona a performance Barbarie en branco e negro. Fantasía nº 4 para La + G, con texto e dirección de , unha proposta para reflexionar sobre a sedución e a sexualidade en relación co poder, sobre o autoengano e sobre os prexuízos.

Barbarie en branco e negro, “pon ao público contra as cordas e obríganos a enfrontar as pantasmas que poboan o noso interior, xa que, como demostrou Shakespeare, o ben e o mal habitan en todos nós”.

Lage ten participado en montaxes de diversas compañías de teatro como Teatro do Atlántico (Unha primavera para Aldara) ou Teatro de Ningures (Atra Bile) e, na actualidade, é a directora do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA),

Carrodeguas, escritora, directora e actriz, recibiu diversos premios polo seu labor como dramaturga (entre os que destaca o Premio Abrente de Textos Teatrais) e estreou varias das súas obras nos últimos anos: Voaxa e carmín, Na butaca, #camiños… Membro xunto con Xavier Castiñeira e Ozkar Galán da compañía ButacaZero (onde actúa como actriz e dramaturga) dirixe dende o ano 2010 o Cadro Artístico Airiños, compañía de teatro en activo máis antiga de toda Galicia.

Esta estrea está co-organizada por Estudis Gallecs i Portuguesos (Universitat de Barcelona), o Mínor de Gallec (Universitat Autònoma de Barcelona) e ADHUC (Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat) dentro do ciclo “No només Rosalía de Castro”, en colaboración co Decanato de Filoloxía con motivo do 8 de marzo.

Compartir

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!