in

Escena Galega cambia de dirección e nomea Socias de Honra a Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste

|
A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do paí.

 

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrou, na tarde de onte, a  súa primeira Asemblea Xeral do ano, na que se renovou a dirección e na que se celebrou un acto de recoñecemento á traxectoria de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego, ás que se nomeou Socias de Honra.

Na orde do día incluíronse as liñas de traballo que mantén a Asociación, a actividade e os proxectos a desenvolver no 2020, así como a nova conformación dos cargos da Xunta Directiva, na que asume a presidencia Juan Rodríguez, de Caramuxo Teatro, e sae Belén Pichel, de Contraproducións, a quen Escena Galega agradeceu o enorme esforzo e traballo como presidenta do colectivo durante catro anos e medio.

No acto de homenaxe quíxose recoñecer a indubidable traxectoria profesional e artística das tres compañías, así coma o seu traballo pola dignificación do sector escénico profesional galego, especialmente dentro dos lindes da propia Asociación.

Ás 20:30 tivo lugar o acto de recoñecemento ás tres compañías – Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste– no Auditorio de Galicia, con representantes de moitas das asociadas no que se recoñeceu o labor de todas elas, nun acto organizado pola Xunta Directiva.

 

Teatro do Atlántico


Publicidade

Fundada en 1985, Teatro do Atlántico leva realizadas 35 producións. A compañía foi Premio da Crítica de Galicia 2016 no apartado de Artes Escénicas acadou ata o momento 69 nominacións e 30 premios de Interpretación, Dirección, Escenografía, Iluminación, Tradución ou Mellor Espectáculo. Recolleu o premio Aleixandre Lago.

Teatro do Morcego

Compañía fundada no ano 1989 polo actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. Recibiu premios como os Compostela por Misterio cómico e Doberman; María Casares por Lazariño de Tormes, e sendo finalista neste último certame en varias ocasións. No acto rendeuse homenaxe ao falecido Celso Parada e entregóuselle o recoñecemento de socio de honra a título póstumo a súa viúva, Isabel Ávila.

Teatro do Noroeste

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro profesional galega fundada no 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 30 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Recolleu o premio Luma Gómez.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ParlamentoC |

O BNG pide no Parlamento a dimisión do director da Agadic

Jesuisnarcissiste03 |

‘Je suis narcissiste’, a primeira ópera dirixida por Marta Pazos, nomeada nos International Opera Awards