Escena Galega, en colaboración con FAETEDA e outras asociacións do Estado, vén de elaborar unha enquisa sobre o impacto económico das medidas de prevención contra o Covid-19 no sector das empresas de artes escénicas.
Dirixida a compañías asociadas e non asociadas, e en colaboración coa Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) e outras asociacións do Estado, o obxectivo destes formularios é recadar a información suficiente para medir as consecuencias que a crise provocada pola pandemia pode ter sobre o sector e, a continuación, xestionar o proceso de recuperación para tratar de minimizar as perdas.
A enquisa debe responderse antes das 19:00 horas do xoves 19 de marzo, a fin de recabar a meirande cantidade de información posible.
Escena Galega anima a todas as compañías a contestar a esta enquisa para ter unha perspectiva global da afectación do sector en termos cuantitativos.
Enlace ao formulario:
Impacto económico do COVID-19 nas Artes Escénicas
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



