in

Escena Galega elabora unha enquisa para medir o impacto económico do Covid-19 nas artes escénicas

Xornadas profesionais Escena Galega
Escena Galega, en colaboración con FAETEDA e outras asociacións do Estado, vén de elaborar unha enquisa sobre o impacto económico das medidas de prevención contra o Covid-19 no sector das empresas de artes escénicas.

 

Dirixida a compañías asociadas e non asociadas, e en colaboración coa Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) e outras asociacións do Estado, o obxectivo destes formularios é recadar a información suficiente para medir as consecuencias que a crise provocada pola pandemia pode ter sobre o sector e, a continuación, xestionar o proceso de recuperación para tratar de minimizar as perdas.

A enquisa debe responderse antes das 19:00 horas do xoves 19 de marzo, a fin de recabar a meirande cantidade de información posible.

Escena Galega anima a todas as compañías a contestar a esta enquisa para ter unha perspectiva global da afectación do sector en termos cuantitativos.


Publicidade

Enlace ao formulario:

Impacto económico do COVID-19 nas Artes Escénicas

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Covid 19 |

Diario de cativerio. Día 4, por Esther Carrodeguas

Shahid Nadeem

Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro