in

No confín de… Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva
Ana Abad de Larriva defínese como unha actriz que escribe teatro e sobre teatro. Colaboradora habitual da erregueté, a súa peza A Sombra das Árbores (editada por Galaxia) foi premiada na segunda edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, confirmándoa como unha das voces máis prometedoras da dramaturxia galega.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Non teño mesa de noite, así que cada noite antes de ir durmir deito no chan varios libros que estou a ler ou aqueles dos que me apetece reler algún fragmento e, como a miña cama é bastante alta, debrúzome para ilos collendo segundo me chaman. É o meu pequeno ritual nocturno de antes de ir durmir. Agora está El libro tibetano de la vida y de la muerte de Sogyal Rinpoche, entre cancioneiros e libros de poesía, teatro, danza, ioga…

A túa banda sonora destes días.

Alterna o silencio coa fala das gaivotas e das pombas sobre o tellado e coa música, cantada e escoitada. Acompáñanme, sobre todo, a música folk (Joan Baez, Clannad, Déanta, Fuxan os Ventos, Idir…) e os mantras. Para mover moito o corpo ás veces estáseme a dar polas cancións de pub irlandesas e a música oriental para bailar.

O último filme que te impresionou.

Nestes días volvín ver un filme de animación, Song of the Sea de Tomm Moore, que me gustara moito cando o vira por primeira vez, e segue a parecerme precioso, en todos os sentidos.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Véñenme dúas: un dos bosques que pinta ultimamente David Hockney e unha coreografía de Kazuo Ōno .

A peza que che gustaría interpretar…

Escribín recentemente un texto teatral moi poético que quero montar como actriz, que conecta coa memoria e con diferentes linguaxes corporais e vocais coas que me apetece moitísimo traballar. Por outra banda, encantaríame tamén poder facer unha Novia, unha Yerma…

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Buda, pero, neste caso, unha caña sen alcol.

Se non foses teatreira serías…

Igualmente poeta.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Mapaeuropa01 |

Distintas respostas europeas ante as ameazas da Covid-19 ao sector cultural

2020OdisseiaSemEspaço |

O Teatro do Noroeste-CDV amplía a súa programación dixital cunha webnovela e un espazo educativo