in

No confín de… Manuel Cortés

Manuel Cortés

“Actor, escritor e guionista. Ou viceversa”. Manolo Cortés é un dos integrantes do Grupo Chévere. Intérprete en espectáculos coma Citizen, Eurozone ou Divinas Palabras Revolution, Cortés é responsábel, tamén, dos textos de Ultranoite no país dos ananos e Salvador, de Borja Fernández, un dos proxectos nados nas residencias artísticas da Berberecheira.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Unha biografía da Pardo Bazán. Despois de ler unha de Concepción Arenal, case caía de caixón.

A túa banda sonora destes días.

Estes días hackeáronme a conta de Spotify, así que por curiosidade estou escoitando as preferencias musicais de alguén de Malaisia. Todo House, Acid, Dance…

O último filme que te impresionou.

Lady Bird de Greta Gerwig, con Saoirse Ronan.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Entre a xente dalgunha rúa dalgunha foto de Vivian Maier.

A peza á que che gustaría dar forma.

Gustaríame darlle forma dunha vez a un poemario que hai tempo que me anda na cabeza. Teño o material, teño a idea, pero tamén teño moita preguiza.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Manoel Antonio. Probablemente aguantaría máis dunha.

Se non foses actor, escritor, guionista ou viceversa, serías…

Astrofísico. No caso de que me desde a cabeciña…

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FormacionHerdanza |

As compañías de danza galegas perderán case un millón e medio de euros até setembro

Francisco Rodrigo

O Teatro do Noroeste – CDV ofrece unha conversa sobre “Teatro pospandémico” co director Rodrigo Francisco