in

O Teatro do Noroeste – CDV ofrece unha conversa sobre “Teatro pospandémico” co director Rodrigo Francisco

Francisco Rodrigo

O director Rodrigo Francisco, director da Compañía de Teatro de Almada e do Festival de Teatro de Almada, é o convidado á terceira sesión de Ensaio de Mesa que neste mes de maio o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana ofrece no marco da súa programación online. O encontro virtual terá lugar este xoves 21 de maio ás 10:00 horas de Portugal (11:00 hora galega).

Ensaio de Mesa é unha serie de conferencias dedicadas ao tema “Para um Teatro Pós-pandémico” coas que a compañía residente no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo promove a reflexión sobre as formas de facer e de ver teatro no contexto da reapertura das salas de espectáculo despois do desconfinamento.

Realizada na plataforma Zoom, con transmisión directa a través do Facebook da compañía vianense, cada charla dura 30 minutos e inclúe un espazo para resposta e comentario ás cuestións do público, presentadas como comentario na publicación da transmisión.


Publicidade

Este espazo da programación do mes de maio do Teatro do Noroeste em Sua Casa contou coa presenza de Isabel Craveiro, directora artística da compañía O Teatrão de Coimbra e de Luis Vicente, director artístico da Companhia de Teatro do Algarve.

O director artístico do Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, Ricardo Simões é o moderador desta nova conversa que estará a disposición para a súa visualización até o sábado 23 de maio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Manuel Cortés

No confín de… Manuel Cortés

Voadora Soy Una Humana

Voadora estrea unha peza de videocreación para o CDN