in

Teatro Pós-Pandémico en Viana do Castelo

Carlos Gomes |
A compañía vianense Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana inicia un ciclo de palestras sobre como será o teatro despois da crise sanitaria que padecemos. | Foto: Carlos Gomes |

 

Para Um Teatro Pós-Pandémico é o mote da iniciativa Ensaio de Mesa que o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana presenta en estrea, este xoves, ás 18:30, online, coa participación da actriz e directora Isabel Craveiro.

A que é tamén directora artística da compañía O Teatrão, de Coimbra, fará unha palestra acerca das bases sobres as cales se asentará o teatro durante e despois da crise sanitaria en curso, através da plataforma Zoom, con transmisión en directo na páxina de Facebook da compañía vianense.

Publicidade

Para Ricardo Simões, director artístico do Teatro do Noroeste – CDV, compañía Residente do Teatro Municipal Sá de Miranda, é importante que “neste momento das artes performativas, os criadores artísticos, ao mesmo tempo que atendem à emergência, consigam refletir sobre as transformações que irão ocorrer na criação cénica, já a curto prazo”.

Ademais desta nova rubrica, o ciclo O Teatro do Noroeste Em Sua Casa integra tamén o Olhar Oficinal, que marca o reinicio das actividades das Oficinas Regulares de Teatro do Projeto Comunidade da compañía vianense, através da visualización de traballos realizados polo ATIVAsénior, ATIVAjúnior e Enquanto Navegávamos, que serán transmitidos todos os martes do mes de maio, ás 18:30.

O Sofá de Cena continua con nova programación e novos horarios: os sábados, ás 16:00, transmítense vídeos de espectáculos para público xeral e, os domingos, á 10:00, vídeos de espectáculos para públicos infanto-xuvenís e familiares. O programa completo pode consultarse na páxina de Facebook da compañía.

Ensaio de Mesa é unha série de palestras dedicadas ao tema Para um Teatro Pós-Pandémico, con directores/as artísticos/as de compañías nacionais convidados/as. Todas as quintas-feiras, das 18:30 ás 19:00.

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana avanza así un mes máis de programación dixital coas estreas de Ensaio de Mesa, Olhar Oficinal, e con novos horarios para o Sofá de Cena, manténdose até o día 31 de maio, no Facebook e Youtube.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Miguel Borines

No confín de… Miguel Borines

MariaArmesto |

No confín de… María Armesto