in

No confín de… Miguel Borines

Miguel Borines
Actor e titiriteiro. Miguel Borines forma parte da compañía Tanxarina Títeres, xunto a Tatán R. Cunha e Andrés Giráldez, desde hai máis de trinta e cinco anos. Nos Premios María Casares do pasado ano, Borines acadou a figuriña ao mellor actor principal polo seu traballo en Casa O’Rei de Ibuprofeno Teatro.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Pois agora teño dous. Cartas de un condenado a muerte de Ana Paula Mejuto, que recolle as cartas escritas polo republicano cangués José Mejuto Bernárdez nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra entre outubro de 1936 e xullo de 1937, antes de ser fusilado. Un relato epistolar emotivo e moi cru que conta en primeira persoa o despropósito e a barbarie acaecidas neses anos. E vou comezar esta noite Infamia de Ledicia Costas.

A túa banda sonora destes días.

Procuro músicas tranquilas que adormezan as inquietudes da miña cabeza febril nestes días de soidade e illamento: Ben Harper, Liniker e os Caramelows, Benjamin Clementine, Leonard Cohen

O último filme que te impresionou.

A triloxía de The Godfather de Francis Ford Coppola son os meus filmes de cabeceira, pero para estes tempos que vivimos suxeriría o bo rollo que da The Grand Budapest Hotel de Wes Anderson. Paseino xenial!

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

O xardín das delicias do Bosco. Encantaríame andar de explorador no medio de todas aquelas tolerías visuais.

A peza que che gustaría facer.

Calquera dos espectáculos de Philippe Genty, cheos de creatividade, finura e estilo.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Pois convidaría a un albariño ou a un godello a Leonardo da Vinci. Seguro que me daría moitas solucións para os mecanismos dos monicreques, ademais de ilustrarme en outras materias.

Se non foses actor e titiriteiro, serías…

Músico. Nos concertos sempre quedo ensimesmado contemplando aos músicos e imaxinando o ben que o pasan entre eles e envexando esa capacidade de axitar os corpos e as mentes de quen escoita.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

María Peinado

No confín de… María Peinado

Carlos Gomes |

Teatro Pós-Pandémico en Viana do Castelo