in

José Luís Baños De Cos gaña o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020

baños |
A cámara escura, de José Luís Baños De Cos, resultou gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020.

 

Hoxe, ás 12:00, celebrouse no Concello de Porriño a entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020. O gañador, José Luís Baños De Cos, recolleu o galardón nun acto no que interviron Raquel Castro (IES Ribeira do Louro), a alcaldesa Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

O xurado, formado polo dramaturgo Zé Paredes, Delio García, en representación IES Ribeira do Louro, Inma López Silva, en representación de Editorial Galaxia, e Raquel Castro, como secretaria; destacou da obra que “estamos diante dun texto cun estilo ben definido e que, alén diso, presenta un rexistro de lingua máis urbana e máis próxima da mocidade. A temática é tamén de actualidade e sen didactismos, e preséntanos cuestións que poden ser de índole filosófica. É un texto actual e eminentemente teatral, xa que se lle pode sentir o pulso da escena.”


Publicidade

O Premio Roberto Vidal Bolaño, nacido en 2018, está convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro, e ten como finalidade animar á escritura de pezas teatrais dirixidas ao público novo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. Un galardón que, en anteriores ocasións, foi gañado por Fernando Castro Paredes, con A derradeira bala, e Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ManoliñoNguema |

‘Manoliño Nguema’ e ‘Eroski Paraíso’ premiados no Festival Primavera de Cine de Vigo

CongresoTeatro |

O I Congreso Internacional do Teatro Galego esgota as prazas presenciais