in

Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño

premiorobertobolaño2019 |

Esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A sombra das árbores de Ana Abad de Larriva, que se impuxo aos 14 orixinais presentados.

O xurado destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntanse como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos.

O Premio Roberto Vidal Bolaño, nacido o pasado 2018, está convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro, e ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato. O premio está dotado con 2.000 euros e a publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Costa Oeste, nunha aposta decidida pola dramaturxia na nosa lingua.


Publicidade

O acto de entrega do galardón terá lugar no IES Ribeira do Louro, no Porriño, o vindeiro sábado 29 de xuño ás 19:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Dramatens2019 |

Aberta a convocatoria para o ‘Concurso Anual de Dramaturgia’ Dramatens

ComediasVestido |

Comédias do Minho e o Teatro do Vestido coproducen un espectáculo de Joana Craveiro