in

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Certame Manuel María 2020
A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción.

 

O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e deputacións, xa ten proxecto gañador. Nesta segunda edición, o xurado estimou por unanimidade que a mellor proposta foi a presentada por dúas compañías que se uniron para levala a cabo: A Quinta do Cuadrante (composta por Melania Cruz e Tito Asorey) e Incendiaria (composta por Vanesa Sotelo e Davide González), ademais de contar na escenografía e na iluminación con Carlos Alonso e Laura Iturralde, respectivamente. O proxecto está realizado sobre o texto de Manuel María A lúa vai encuberta, obra que se refire a algúns dos acontecementos da historia de Galiza que quizais axudan a entender mellor o noso presente.

Este certame premia a mellor proposta escénica dunha obra de Manuel María, co compromiso por parte da compañía gañadora de levala á escena no prazo de 10 meses. Ademais, asegura 30 representacións nos concellos que colaboran coa Casa-Museo do poeta da Terra Chá e unha axuda de 4000 euros para a produción da montaxe.

 

Resolución do xurado


Publicidade

O xurado, formado por Manuel Lourenzo, Cristina Domínguez e María Armesto, destacou a calidade dos proxectos presentados nesta convocatoria e resaltou que a obra gañadora é “un proxecto importante e ambicioso, tanto no plano creativo como de realización e produción, que se propón mostrar algunhas claves para a comprensión da situación da sociedade galega actual. Para isto bota man da análise dos principais acontecementos que se sucederon no noso país ao longo do século XX, até os primeiros anos do postfranquismo, supoñendo así, unha forma intelixente de confrontar a sociedade galega co seu pasado recente e coas súas propias contradicións”.

Tamén salientou a “hábil incorporación de diferentes xéneros, mesturando as formas de teatro máis popular, como o cabaret e o musical, con formas máis contemporáneas como o audiovisual e, sobre todo, o teatro documento”, así como da calidade e longa traxectoria do elenco artístico”.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2020 Xorn Lit Dram 110x110 1 |

V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG

Monicreques de Kukas

Os monicreques de Kukas, Premio da Crítica de Galicia