A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.
Etiqueta: Melania Cruz
Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción. O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e […]
No confín de… Melania Cruz
Actriz, pedagoga teatral e cofundadora d’A Quinta do Cuadrante xunto a Tito Asorey. Entre os seus últimos traballos sobre as táboas destacan Medida por Medida de Producións Teatrais Excéntricas e O empapelado amarelo con dirección de Asorey, peza pola que está nomeada á mellor adaptación/tradución nos Premios María Casares 2020. En cinema protagonizou o pasado […]
O empapelado amarelo
Da distancia ao estremecemento | Manuel Xestoso | | Foto: Manuel G. Vicente | A forma de operar das pantasmas mudou moito: dende que alguén decretase que un espectro percorría Europa, as aparicións tenden a substituír as sabas e o balbordo das cadeas por unha forma máis sutil de ameaza. Desvelan máis que espaventan, […]
Tito Asorey e Melania Cruz estrean ‘O empapelado amarelo’ en Ourense
O vindeiro domingo, 27 de xaneiro, A quinta do cuadrante (Melania Cruz e Tito Asorey) estrea, no Auditorio Municipal de Ourense, o espectáculo O empapelado amarelo, baseado no relato da autora Charlotte Perkins Gilman. O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana […]
O teatro que vén en 2019
Co comezo do ano comezan tamén as estreas e as novidades. Aquí tendes algunhas das obras das que se falará nos primeiros meses deste 2019. O inevitable Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura […]
Escenas do Cambio volve a Compostela en febreiro
A quinta edición de Escenas do cambio chega ao Gaiás do 7 ao 16 de febreiro afondando nas liñas que lle outorgaron identidade ao encontro, e afondando no concepto de disidencia como eixo das súas actividades. Escenas do cambio chega á súa quinta edición insistindo en rachar coa idea de escena pechada e de […]
Xardín suspenso
Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é […]