in

No confín de… Melania Cruz

Melania Cruz

Actriz, pedagoga teatral e cofundadora d’A Quinta do Cuadrante xunto a Tito Asorey. Entre os seus últimos traballos sobre as táboas destacan Medida por Medida de Producións Teatrais Excéntricas e O empapelado amarelo con dirección de Asorey, peza pola que está nomeada á mellor adaptación/tradución nos Premios María Casares 2020. En cinema protagonizou o pasado ano o filme Arima de Jaione Camborda. | Foto: Mermaid Photo |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Teño varios: Augurios de Inocencia e M- Train de Patti Smith, Aquí la bruja no se quema de Amanda Lovelace, Aquelarre de muñecas de Ana Elena Pena, Amok de Stefan Zweig e Rewind de Juan Tallón. Este foi o último que comecei, e suscita moitas reflexións acerca da posibilidade ou imposibilidade de rebobinar(nos).

A túa banda sonora destes días.

Bastante variada: o canto dos paxaros (escóitase perfectamente no silencio da rúa), varios temas de Daughter, Edward Sharpe & The Magnetic Zeros, Seafret, León Benavente, Vance Joy, Muddy Doll, a choiva golpeando nos cristais e as tellas, e especialmente Ghosteen de Nick Cave and The Bad Seeds.

O último filme que te impresionou.

Ida de Pawel Pawlikowski. É conmovedora, salvaxe, fermosa, sublime a nivel compositivo e cunhas interpretacións hipnóticas

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

A Biblioteca Medicea Laurenziana, en Florencia.

A peza que che gustaría interpretar.

Calquera que poida ser feita con tempo de experimentación, ensaio, compromiso, diversión, respecto e coidado.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Dolores Ibárruri.

Se non foses actriz e docente teatral, serías…

Funcionaria psicótica ou mestra de educación infantil.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17042020 MedidasCultura |

Os ministerios de Cultura e Facenda comprométense a deseñar un primeiro paquete de medidas de apoio á Cultura

Inma López Silva

No confín de… Inma López Silva