in ,

Melania Cruz galardoada co Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas

A actriz lucense é unha das figuras máis relevantes do noso teatro e audiovisual galego

Melania Cruz

Melania Cruz recibiu onte con sorpresa a nova do Premio da Cultura Galega 2022 como figura destacada nas Artes Escénicas galegas. A actriz e docente de 39 anos leva máis dunha década traballando no teatro e no audiovisual galego, converténdose nunha figura querida e admirada polo seu traballo profundo e comprometido. Membro de compañías como Il Maquinario, ou máis recentemente A Quinta do Cuadrante, ten recibido premios como o María Casares a mellor interpretación por Xardín suspenso, ou tres veces gañadora do Mestre Mateo.

Os Premios Cultura Galega 2022 distinguen cada ano a personalidades, entidades ou proxectos de relevancia nas categorías de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior. Así, xunto a Melania Cruz, sumánse a este premio Marica Campo, María Vitoria Carballo-Calero, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa Conciencia


Publicidade

Con estes galardóns, a Xunta distingue cada ano a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural en Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e a identidade cultural da nosa comunidade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

27A B1. ULTRAMARINOS |

A MOTI de Ourense deixa en pausa a súa 19ª edición

260172561 10225228783763854 328973034426335242 n |

A AELG fai públicas as bases para participar no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir