A compañía coruñesa Os Náufragos Teatro reabre a programación do Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina coa estrea de Pura este sábado 20 de febreiro ás 20.00 h.
O Teatro Rosalía de Castro retoma a súa programación escénica coa estrea de Pura da compañía Os Náufragos Teatro. A peza, dirixida por Gustavo del Río e coescrita xunto a Ismael G. Candal, conta con Denis Gómez, Rebeca Vecino, Nicolás Gaude e Sete Eiroa na interpretación. Un equipo estable co que a compañía coruñesa, que este 2021 celebra o seu vinte aniversario, vén traballando desde hai tempo e no que Fernando Cayazzo encárgase das labores de produción.
Pura está baseada na biografía da avoa do director, Gustavo del Río, e “fala dos nosos maiores, da memoria, da reminiscencia, dos lugares que un día foron parte da nosa vida”. A figura desta coruñesa é o fío condutor do espectáculo. Pura é unha muller que cumpre 94 anos e o seu desexo é ir ao Cine París da Coruña a ver un filme. Un cine que agora é unha tenda de roupa.
Os Náufragos Teatro propoñen en Pura unha viaxe a través do tempo. Desde o Leirón do Casino ao cine Rosalía de Castro, do Teatro Linares Rivas ata o Hotel Palace; aqueles lugares da cidade da Coruña onde a protagonista desta peza foi feliz.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



