A cidade amurallada acollerá, do 4 ao 21 de marzo, nove espectáculos de teatro clásico de nove de compañías galegas, estatais e internacionais.
A vixésima primeira edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo arranca este xoves día 4. Ao longo do mes de marzo, o Auditorio Gustavo Freire da cidade acollerá unha programación variada de teatro clásico con nove compañías galegas e estatais.
Programa
Pola XXI Mostra de Teatro Clásico de Lugo, pasarán, entre outras compañías, Producións Teatrais Excéntricas con Estrela do día, Elefante Elegante con Dreaming Juliet, Barco Pirata con Castelvines y Monteses, Chévere con As fillas bravas e o mito de Casandra, os asturianos Teatro del Cuervo con Bojiganga ou a portuguesa Companhia do Chapitô cunha versión do Hamlet de William Shakespeare.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



