A montaxe é unha coprodución coa AGADIC que conta coa dirección e creación de Pablo Reboleiro. Será no Teatro Principal de Santiago o día 19 de marzo ás 20.00 horas.
Pistacatro, compañía de novo circo galega, presenta DROP como un espectáculo non só de malabares senón de malabaristas, de persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar. Sobre as táboas, catro malabaristas e un pianista, Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro e Nacho Muñoz, convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos.
Unha hora de espectáculo no que Pistacatro convida ao público a sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo. “Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos … pero, non están vivos. O lugar no que os obxectos destellan e se inflama coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabón, os drons, os as cometas e as estrelas”, din desde a compañía.
Ficha técnica e artística
DROP, Pistacatro Produtora de Soños
Dirección e idea orixinal: Pablo Reboleiro
Axudante dramaturxia e traballo de escena: Diego Anido
Elenco: Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro, Nacho Muñoz
Composición musical: Nacho Muñoz
Produción: José Expósito, Belém Brandido
Vestiario: Uxía Vaello
Iluminación: Octavio Mas
Escenografía: Pistacatro
Utilería: Jose Perozo
Construción elementos atrezzo e dispositivos técnicos: Jose Perozo
Asistencia movemento: Marta Alonso
Coreografías malabares: Pablo Reboleiro
Asistencia creación: Arturo Cobas Lema
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Tamboura Films
Deseño imaxe e cartaz: Juan Gallego
Coa colaboración de: Concello de Noia, Concello de Negreira, Circonove