Nun comunicado feito público hoxe no blog da área de cultura do Concello de Ourense, o alcalde ourensán anuncia a explotación do Auditorio “por profesionales auténticos de la industria del entretenimiento o Show Business”.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, escribía hoxe un novo capítulo na xestión do Auditorio Municipal da vila. Coa actividade escénica e cultural parada desde o pasado mes de xaneiro, o espazo sairá a licitación pública despois do estudo de viabilidade económica que terá lugar o vindeiro 5 de abril. Con esta decisión, Pérez Jácome busca “la puesta en valor de los activos municipales en el Complejo de San Francisco”: o aparcadoiro, a cafetería e o propio Auditorio.
O espazo municipal terá unha explotación municipal, aseguran desde o Concello, tanto técnica como artística, a cal prestará dous servizos: un, “cubrir las necesidades municipales y las programaciones del Ayuntamiento”, segundo o seu alcalde; e dous, realizar “programaciones por iniciativa propia, con eventos culturales del Show Business que deberán adaptarse a los gustos y a los tiempos de la ciudadanía y no a los gustos de los programadores o deseos de los proveedores del sector”.
A cultura contra Pérez Jácome
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



