in

Pérez Jácome pretende licitar a xestión privada do Auditorio Municipal de Ourense

Auditorio Municipal Ourense
Turismo de Ourense

Nun comunicado feito público hoxe no blog da área de cultura do Concello de Ourense, o alcalde ourensán anuncia a explotación do Auditorio “por profesionales auténticos de la industria del entretenimiento o Show Business”.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, escribía hoxe un novo capítulo na xestión do Auditorio Municipal da vila. Coa actividade escénica e cultural parada desde o pasado mes de xaneiro, o espazo sairá a licitación pública despois do estudo de viabilidade económica que terá lugar o vindeiro 5 de abril. Con esta decisión, Pérez Jácome busca “la puesta en valor de los activos municipales en el Complejo de San Francisco”: o aparcadoiro, a cafetería e o propio Auditorio.

O espazo municipal terá unha explotación municipal, aseguran desde o Concello, tanto técnica como artística, a cal prestará dous servizos: un, “cubrir las necesidades municipales y las programaciones del Ayuntamiento”, segundo o seu alcalde; e dous, realizar “programaciones por iniciativa propia, con eventos culturales del Show Business que deberán adaptarse a los gustos y a los tiempos de la ciudadanía y no a los gustos de los programadores o deseos de los proveedores del sector”.

A cultura contra Pérez Jácome

Numerosos profesionais da cultura e das artes escénicas de toda Galicia compartiron a nova nas súas redes sociais, rexeitando a controvertida decisión do Alcalde de Ourense.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Nova Dramaturxia Galega Actual

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual amplia o prazo de presentación de textos

El buen hijo

El buen hijo