erregueté | Revista Galega de Teatro

Os artigos sobre Tag: Gonzalo Pérez Jácome

Emerxencia Cultural Ourense

Nace Emerxencia Cultural Ourense, movemento contra as políticas culturais de Pérez Jácome

A cidadanía de Ourense movilízase contra as políticas culturais do Alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor ourensán mantén pechado desde o pasado mes de xaneiro o Auditorio Municipal e pretende licitar a xestión privada do mesmo contra a vontade das súas veciñas e veciños. Nesta atmosfera de tensión cultural, nace Emerxencia Cultural Ourense.

Auditorio Municipal Ourense

Pérez Jácome pretende licitar a xestión privada do Auditorio Municipal de Ourense

O espazo municipal terá unha explotación municipal, aseguran desde o Concello, tanto técnica como artística, a cal prestará dous servizos: un, “cubrir las necesidades municipales y las programaciones del Ayuntamiento”, segundo o seu alcalde; e dous, realizar “programaciones por iniciativa propia, con eventos culturales del Show Business que deberán adaptarse a los gustos y a los tiempos de la ciudadanía y no a los gustos de los programadores o deseos de los proveedores del sector”.

COVID-19

Diversas entidades culturais demandan a reapertura do Auditorio de Ourense

Escena Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Plataforma Artes do Movemento (PAM), a Asociación de Compañías de Danza “Emprendo Danza”, a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG), a Unión Internacional da Marioneta de Galicia (UNIMA), Músicas ao Vivo, a Academia Galega de Teatro, a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (TESGAL) e a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE) emitiron onte, venres 12 de marzo, un comunicado no que rexeitan a decisión do Concello ourensán, liderado por Gonzalo Pérez Jácome, de manter pechado o Auditorio Municipal desde principios deste ano 2021. 

Auditorio de Ourense

Reabren os teatros en Galicia (menos o Auditorio de Ourense)

Quen protexe ás minorías se os poderes públicos non o fan? Que acontece se un xestor público decide aplicar criterios de xestión que non atenden aos deberes, responsabilidades e garantías da xestión pública da cultura para a diversidade social?

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Subscríbete e recibe ao ano dous números da revista + dous libros