in ,

O Club Clavicémbalo acolle unha nova entrega dos Microefectos Dramatúrxicos

Con catro novas pezas

Microefectos dramatúrxicos
Imaxe dun dos Microefectos Dramatúrxicos. Foto de Pepe Saavedra.

Logo de tres meses dende a súa última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresaron esta fin de semana ao Club Clavicémbalo, en Lugo. As catro pezas novas presentáronse o xoves e o venres, e hoxe, sábado, haberá tamén dous pases: un ás 20:30 e outro ás 22:30 horas. As entradas pódense mercar dixitalmente e tamén haberá entradas dispoñibles no despacho de billetes antes de cada unha das funcións.

O grupo, que cumpriu trece anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración “nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual”, que cada tres meses practicamente completan a cabida do espazo lugués.

As pezas

  • O permiso. Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Raquel L. Cendán e María Grandío.
  • As ramistas. Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Brais García.
  • Cíborg. Escribe e dirixe Raquel L. Cendán. Interpretan: Brais García, Elvira Velasco e Raquel L. Cendán.
  • Burramia artificial. Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentación da 35ª edición do FIOT

Corenta e tres espectáculos conforman o programa da nova edición do FIOT