in

Nace Emerxencia Cultural Ourense, movemento contra as políticas culturais de Pérez Jácome

Emerxencia Cultural Ourense

A cidadanía de Ourense mobilízase contra as políticas culturais do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor ourensán mantén pechado desde o pasado mes de xaneiro o Auditorio Municipal e pretende licitar a xestión privada do mesmo contra a vontade da veciñanza e das profesionais do sector.

Nesta atmosfera de tensión nace Emerxencia Cultural Ourense, un movemento “de acción individual e/ou colectiva, aberto, construtivo e creativo, sumando nunha mesma dirección: a defensa dos dereitos culturais da cidadanía”. A plataforma fai un chamamento á veciñanza auriense para formar parte desta reivindicación: “asociacións, fundacións, institucións artísticas, culturais e sociais, museos, bibliotecas, escolas de arte, de música, conservatorios, institutos, universidades, voluntariado, grupos amadores, profesionais da cultura, artistas, técnicos, artesáns, libreiros, autónomos, feministas, ecoloxistas, sindicatos, aos sectores económicos, á hostalaría, ao comercio, ás asociacións de veciños”.

Desde Emerxencia Cultural Ourense propoñen tinguir a cidade de amarelo, “a cor da alegría, do optimismo e da enerxía”, e visibilizar a súa loita en redes co cancelo #EmerxenciaCulturalOurense.

 

Le o manifesto de Emerxencia Cultural Ourense


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Santa Inés A Feroz

‘Santa Inés’, de A Feroz Teatro, no FITEI de Porto

Leira

Leira