in

Ourense pecha o Auditorio e deixa sen traballo ás compañías de artes escénicas ata abril

Auditorio de Ourense Covid
Foto de Iñaki Osorio

O Concello de Ourense pechará o Auditorio Municipal durante o primeiro trimestre de 2021, pospoñendo a programación de espectáculos prevista ata abril, agás para actuacións musicais. O goberno municipal adopta esta decisión alegando “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima” e por motivos sanitarios, buscando “aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte á COVID-19”.

Os responsables municipais creen que o peche perimetral decretado esta semana, co máximo nivel de restricións, impediría que “a cidade recibise público de concellos limítrofes, xa que asistir a espectáculos non é causa de permeabilidade xustificada”. Deste xeito, non haberá  programación de danza ou teatro no Auditorio de xaneiro a abril, pero si programación musical con dous concertos do ciclo Enclave de Cámara.

Esta decisión súmase ás dificultades do sector dos espectáculos nos últimos meses, no que vén sufrindo cancelacións e aprazamentos. Unha situación crítica para un sector que, coa COVID-19, “afecta máis á cultura que a outros ámbitos económicos”, como sinala o Observatorio da Cultura Galega.


Publicidade

A previsión dos responsables municipais sería a de retomar a programación a partir do mes de abril “se o panorama cambiase” pero se xustifican afirmando que o Teatro Principal, xestionado pola Deputación de Ourense, xa “cobre perfectamente a demanda na cidade. O que desde o Concello non imos facer é duplicar a oferta da cidade nunha época de restricións absoluta”. A programación cultural do Concello de Ourense, “seguirá sendo a locomotora cultural principal da cidade e provincia”, afirman os responsables, que consideran demostrada neste Nadal “cunhas luces espectaculares, un innovador bus musical pioneiro en Galicia, e a recepción real (cabalgata estática de luxo)”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

o charco de ulises |

O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021

O charco de Ulises CDG

O charco de Ulises