A cidadanía de Ourense mobilízase contra as políticas culturais do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor ourensán mantén pechado desde o pasado mes de xaneiro o Auditorio Municipal e pretende licitar a xestión privada do mesmo contra a vontade da veciñanza e das profesionais do sector.
Nesta atmosfera de tensión nace Emerxencia Cultural Ourense, un movemento “de acción individual e/ou colectiva, aberto, construtivo e creativo, sumando nunha mesma dirección: a defensa dos dereitos culturais da cidadanía”. A plataforma fai un chamamento á veciñanza auriense para formar parte desta reivindicación: “asociacións, fundacións, institucións artísticas, culturais e sociais, museos, bibliotecas, escolas de arte, de música, conservatorios, institutos, universidades, voluntariado, grupos amadores, profesionais da cultura, artistas, técnicos, artesáns, libreiros, autónomos, feministas, ecoloxistas, sindicatos, aos sectores económicos, á hostalaría, ao comercio, ás asociacións de veciños”.
Desde Emerxencia Cultural Ourense propoñen tinguir a cidade de amarelo, “a cor da alegría, do optimismo e da enerxía”, e visibilizar a súa loita en redes co cancelo #EmerxenciaCulturalOurense.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



