A sala viguesa acollerá tres espectáculos de danza durante os tres primeiros fins de semana do mes de xuño.
A compañía madrileña Provisional Danza, de Carmen Werner, será a encargada de dar o pistoletazo de saída coa súa montaxe Solos ao I Ciclo de Danza e Artes do Movemento que comeza hoxe na Sala Ártika e que se desenvolverá ao longo dos vindeiros tres fins de semana deste mes de xuño no local da Avenida de Beiramar. O espectáculo, formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian López e Sebastián Calvo, poderá verse desde este venres 4 e ata o domingo 6 de xuño ás 20.00 h.
A próxima fin de semana do 11, 12 e 13 de xuño a compañía Incendiaria presenta Microspectivas dun marica millennial, un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade protagonizado por Davide González.
Finalizará este I Ciclo de Danza e Artes do Movento de Ártika o artista Javier Martín co seu Teorema, proxecto escénico e de investigación que presentará a fin de semana do 18, 19 e 20 de xuño e co que indaga nos sons e movementos do interior del corpo para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades.
Formación
Dentro do I Ciclo de Danza e Artes do Movemento, desenvolverase o obradoiro de vídeodanza e creación escénica contemporánea A creación do anticorpo, impartido pola compañía Incendiara a partir do seu espectáculo. A formación terá lugar os días 8, 9 e 10 de xuño e nel participarán Vanesa Sotelo, Davide González e Lucía Estévez.