in ,

A 37ª edición da MIT de Ribadavia despídese con DraMITurga

DraMITurga
Creación de DramaturGA

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia acollerá, ao mediodía deste domingo 25 de xullo, o evento final de DraMITurga, unha proposta organizada por DramaturGA e o propio festival, a cal conta co apoio do Centro Dramático Galego.

A 37ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) remata este domingo e faino, ademais dos espectáculos das 21.00 e 23.00 horas, cunha actividade que pon en valor a escrita dramática: DraMITurga, proxecto no que seis dramaturgos/as (3 de Portugal e 3 de Galicia), escribiron cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. A partir desas 6 pezas, desenvolveuse un xogo no cal cada unha das 6 dramaturgas fai unha reescrita de cada unha das pezas das súas compañeiras. Isto estivo a xerar unha multiplicación de versións e reescritas que terá como resultado 36 pezas breves. DraMITurga anima, deste xeito, non só a creación contemporánea, senón tamén as conexións entre poéticas, estéticas e voces diferentes, dentro do eixe atlántico galego-portugués.

A última reescrita farase, in situ, na MIT Ribadavia e abrirase ao público nun evento especial, este domingo 25 de xullo, ás 12.00 horas, na Igrexa da Madalena. Farase unha presentación das últimas reescritas por parte do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Ribadavia e Teatro do Vilar, sen ofrecer a identidade de quen as realizou. Cada persoa do público emitirá un voto secreto respecto á peza que máis lle guste e interese. Da peza elixida procederase a presentar todas as súas versións ata chegar á peza orixinal.


Publicidade

Os dramaturgos galegos que participan nesta primeira edición de DraMITurga son Roi Vidal Ponte, Carlos Labraña e Zé Paredes. Mentres que as dramaturgas/os portuguesas son Mariana Ferreira, Ricardo CabaçaIvo Saraiva e Silva.

DraMITurga é unha iniciativa do dramaturgo portugués Ricardo Cabaça, organizada por DramaturGA (Asociación Galega de Dramaturxia) e a MIT de Ribadavia co apoio do Centro Dramático Galego (CDG).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Molly Bloom

Molly Bloom

The Mountain

The Mountain