in ,

O CDG e AveLina Pérez estrean ‘ECO’, unha peza inspirada nas mensaxes que deixaron os presos da Guerra Civil no Mosteiro de Oia

Estrea ECO 1 |
Presentación de 'ECO.

O Centro Dramático Galego e a creadora escénica AveLina Pérez estrean hoxe no Real Mosteiro de Oia a coprodución ECO. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Haberá tres funcións ao longo da tarde, cunha cabida total de 90 prazas e para as que xa non quedan entradas dispoñibles.

Creado, dirixido e interpretado por AveLina Pérez, o espectáculo nace como unha homenaxe e un poema, ademais de como un momento para escoitar, para relacionarse cos que xa non están, coa historia e co paso do tempo. A composición musical é obra de Ramón Raíndo e a iluminación de Beatriz de Vega. Pola súa banda, Martín Pol faise cargo da fotografía e Jesús Tejada da montaxe de vídeo.

As case cen persoas que asistirán á estrea terán a oportunidade tamén de realizar previamente unha visita á exposición permanente Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil española. A mostra é o resultado do traballo de recuperación dos grafitos realizados polos presos, o que permitiu xuntar máis dun cento de fragmentos.


Publicidade

 

Dinamización e descentralización escénica
ECO forma parte das coproducións programadas para este ano polo CDG no marco da súa aposta por reforzar a colaboración cos distintos axentes do sector teatral de Galicia e pola descentralización da súa programación, buscando promover e dinamizar a actividade escénica e a creación de público en todo o territorio galego. Con esta peza, quere fomentar tamén o diálogo entre escena e patrimonio para a posta en valor da vinculación existente entre estes dous elementos culturais.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Serva me, servabo te

Serva me, servabo te

Bones

Any attempt will end in crushed bodies and shattered bones