Do 14 ao 24 de outubro, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) programa once espectáculos con presenza internacional e variedade escénica.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) chega á súa decimocuarta edición neste 2021. Desde o xoves 14 ao vindeiro domingo 24 de outubro, once espectáculos de teatro, rúa, danza e circo pasarán pola cidade auriense que volverá acoller, ademais das compañías galegas, creadoras estatais e internacionais. Atrás queda a edición de 2020, marcada pola pandemia e as restricións derivadas da Covid-19.
A Casa da Cultura ‘Manuel María’ de Barbadás, o Liceo, o Teatro Principal e diversos espazos de Ourense, albergarán os espectáculos desta decimocuarta edición do FITO. O prezo dos billetes, que se poderán retirar o primeiro día do festival no Teatro Principal, varía segundo o lugar:
- Teatro Principal: 8 € / Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego: 5 €.
- Casa da Cultura de Barbadás: 5 €.
- Liceo de Ourense: 3 €.
- Espectáculos de rúa: de balde.
Programa 14º FITO de Ourense
XOVES 14
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: VIEJAS PROMESAS (MADRID)
ESPECTÁCULO: Katana
VENRES 15
12’30 h. NAS RÚAS DO CENTRO DA CIDADE
COMPAÑÍA: ARUN-RUN (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Fitoexpress
21’00 h. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS
COMPAÑÍA: PAULA MALIK (COLOMBIA)
ESPECTÁCULO: Banda animal
SÁBADO 16
12’30 h. ALAMEDA E CONTORNO DA PRAZA DE ABASTOS
COMPAÑÍA: BOCA DE CÃO (PORTUGAL)
ESPECTÁCULO: Agostinho e Felicidade
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ARTESACÍA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: As illas desertas
23’00 h. SALÓN DE TERTULIAS DO LICEO DE OURENSE
COMPAÑÍA: PAULA MALIK (COLOMBIA)
ESPECTÁCULO: Banda animal
DOMINGO 17
19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: FURIA SOTELO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Mortais e vulnerables
MÉRCORES 20
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO DO ATLÁNTICO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Libre coma os paxaros
XOVES 21
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Estrela do día
VENRES 22
21’00 h. PATIO DO CENTRO MESTRE VIDE, AS LAGOAS
COMPAÑÍA: IMAGINART TEATRO (CASTELA-LEÓN)
ESPECTÁCULO: Senda sobre rodas
SÁBADO 23
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MARTA ALONSO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Bailar agora
DOMINGO 24
19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: 67 GRAOS OURENSE
ESPECTÁCULO: Fervescénica