in ,

O IV Festival ‘Pezas dun Teatro do Porvir’ recibe propostas ata o 1 de novembro

Teatro do Porvir
'museo-viveiro', vídeoperformance de Helena Salgueiro | Fotografía de Marcos Montiel

O festival, enmarcado na VI Xornada de Literatura Dramática da AELG, terá lugar o vindeiro 20 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña. 

A cuarta edición do Festival ‘Pezas dun Teatro do Porvir’ (Galiza + Portugal) ten aberta a convocatoria ata o luns 1 de novembro para a recepción de proxectos de escrita dramática ou dramaturxia de teatro, danza, circo ou outras modalidades escénicas, individuais ou colectivas, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público. O festival, que se enmarca dentro da VI Xornada de Literatura Dramática da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, terá lugar o vindeiro 20 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña.

O funcionamento do Festival ‘Pezas dun Teatro do Porvir’ consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima doutros 15 minutos. As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipo de dramaturxia considere máis axeitado á peza  ou fragmento da peza que vai amosar. Privilexiaranse as presentacións que reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.

No breve debate posterior ás presentacións, colaborará o director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) do Porto (Portugal), Gonçalo Amorim, e buscarase coñecer a reacción do público, nun diálogo que poida servir para enriquecer o acabado desas pezas en proceso.

Condicións de participación:

  • Asígnase un orzamento total de 250 euros para cada proxecto seleccionado proveniente de Galiza e 350 euros para os proxectos portugueses.
  • Prazo para o envío de propostas: 1 de novembro de 2021.
  • A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Sección de Literatura Dramática da AELG) en función de:

+ Descrición e formulación do proxecto de carácter escénico.


Publicidade

+ Breve mostra da peza.

+ Currículo das/os dramaturgas/os

Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 1 de novembro de 2021, a: [email protected]

XornadaLiteraturaDa AELG |
[ Preme na imaxe para acceder á convocatoria ]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Mevadeus gaña Xuventude CREA

O grupo Mevadeus gaña o Xuventude Crea 2021 de teatro

Drag

Introdución do ‘drag’ na Galiza