in

Ibuprofeno Teatro estrea ‘Smoke on the Water’

Ibuprofeno Teatro
'Smoke on the Water'. de Ibuprofeno teatro. Imaxe de Diego Seixo.

O Pazo da Cultura de Narón acolle hoxe, venres 11 de febreiro, ás 20.30 horas, a estrea de Smoke on the Water, de Ibuprofeno Teatro. A peza, que gañara en 2013 o Premio Varela Buxán de Textos Teatrais, é autoría de Santiago Cortegoso, quen tamén dirixe esta montaxe producida en residencia artística no Teatro Principal da Estrada, espazo que, a semana pasada, acolleu a súa preestrea. A obra preséntase como unha “traxicomedia sórdida; unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor”.

Sinopse

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.


Publicidade

 

Ficha artística

  • Elenco:
    • Josito Porto: Ritchie
    • Belén Constenla: Janis
    • Adrián Ríos: Alex
    • María Costas: Amparo, Joan Baez
    • Mon Orencio: Músico en escena
  • Dirección e texto: Santiago Cortegoso
  • Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno
  • Espazo escénico: Pablo Giráldez ‘O Pastor’
  • Deseño de iluminación: Salvador del Río
  • Deseño de vestiario: Marián Bañobre
  • Xastra: Bety Busto
  • Caracterización: Baia Fernández
  • Espazo sonoro: Mon Orencio
  • Imaxe: Diego Seixo
  • Técnico en xira: Héctor Pazos
  • Cobertura técnica: Ningures Produción S.L.
  • Vídeo: José V. Estonllo
  • Produción: Marián Bañobre
  • Produción e comunicación: Fátima R. Varela
  • Distribución: Ibuprofeno Teatro S.L.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

HelenaSalgueiro e Verónica Moar. Artistas Residentes 2021. Centro Torrente Ballester.

Aberta a convocatoria da sexta edición das Residencias Paraíso

ragazzo 555x312 03 |

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Ragazzo’, da nova compañía Barrosanta