in

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Ragazzo’, da nova compañía Barrosanta

A compañía Barrosanta arranca a súa actividade coa estrea de Ragazzo esta fin de semana na Sala Ártika de Vigo, con funcións hoxe, venres; mañá, sábado, e o domingo, ás 20.00 horas. Trátase dunha peza reivindicativa con texto de Lali Álvarez, dirixida por dirixida por e protagonizada por Anxo Outumuro, na que Violeta Martínez asina a iluminación e a axudantía de dirección.

Ragazzo parte da historia real de Carlo Giuliani, un activista italiano novo asasinado nunha manifestación contra o cumio do G8 en Xénova no 2001. “Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais e unha reivindicación da memoria colectiva”, como sinalan dende a compañía. O texto foi galardoado con dous Premios da Crítica (revelación e espectáculo para xente nova), co Premio da Crítica SERRA D’OR e o Premio do Público no F.I. Huesca.

Sinopse

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restrición de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, detencións, prohibicións de manifestarse, reunirse, e ata de tender a roupa nos balcóns… 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar, durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor.

PUBLICIDADE

Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler, escribir, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo violar o confinamento da zona blindada para os líderes mundiais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Ibuprofeno Teatro

    Ibuprofeno Teatro estrea ‘Smoke on the Water’

    Congreso Teatro Galego

    O que ten orixes