in

Escena Galega homenaxea a Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina

MG 4137 scaled |
'O segredo dos Hoffman', de Lagarta lagarta

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrará o vindeiro luns, 28 de marzo, un acto no que quere render tributo á traxectoria de tres compañías, Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina, que foron escollidas como Socias de Honra da entidade pola  importancia que tiveron para o desenvolvemento do sistema escénico galego contemporáneo, así como o seu traballo a prol do sector, aínda que as dúas primeiras non continúen en activo na actualidade.

A traxectoria das tres compañías está vencellada ao arranque de Escena Galega como asociación sectorial, que actualmente aglutina a máis de medio cento de produtoras de escénicas, e esta é a primeira das actividades programadas no marco das previstas para a celebración do vixésimo aniversario da asociación. O recoñecemento á traxectoria de compañías históricas por parte de Escena Galega iniciárase xa en febreiro de 2020, cando destacaran o labor de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fernando Dacosta

Fernando Dacosta asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro

Imaxe do teatro bombardeado.

O teatro como perigo para algo non identificado