in

O Teatro Principal de Santiago acolle ‘O raro é que bailar sexa raro’ no Día Internacional da Danza

O raro é que bailar sexa raro
Imaxe de J. C. Arévalo

O Teatro Principal de Santiago de Compostela celebra o Día Internacional da Danza acollendo hoxe ás 20.30 horas a peza O raro é que bailar sexa raro, do Colectivo Vacaburra. Esta creación entende a danza como algo contaxioso e convida a bailar nun espazo no que tódolos corpos son posibles.

“Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa.

Bailar pode ser unha epidemia.

​Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.

Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata.

Isto vai de bailar bailando”.

​Ficha artística:

Coreografía e interpretación: Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde y Andrea Quintana 


Publicidade

Textos: Vacaburra inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker

Iluminación: Baltasar Patiño

Espazo sonoro: Davide Gonzalez + Andrea Quintana

Imaxe: Muller 6 ollos

Vestiario: Saturna

Co apoio de Galicia Danza Contemporánea; Axudas a Artistas do Concello da Coruña; Residencia de creación Residencias Paraíso, do Colectivo RPM; CDG; Residencia de creación en A Normal, espacio de intervención cultural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festina Lente

A Agadic abre a convocatoria para tres coproducións de danza co Centro Coreográfico Galego

Marta Alonso Tejada en 'Nina Ninette' da Cía. Traspediante.

O Día de