A compañía galega Matarile, dirixida por Ana Vallés, presenta hoxe, 17 de xullo, INLOCA no Auditorio de Galicia de Santiago, ás 20.30 horas. Trátase da estrea en Galicia da peza e é por agora a única función prevista na comunidade.
É un espectáculo de gran formato, con oito intérpretes en escena, creado en coprodución co Centro Dramático Nacional e coa colaboración da Agadic, estreado o 21 de xaneiro de 2022 no Teatro María Guerrero de Madrid, onde estivo en cartel ata o 6 de febreiro. Constitúe a segunda parte da Trilogía de la Fragilidad, despois do dúo El diablo en la playa, a primeira parte, que foi estreada en 2020 e vén de presentarse na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC. A terceira entrega está prevista para 2023 baixo o título de FRÁXIL handle with care, en coprodución co Teatro Español de Madrid.
Paralelamente a esta triloxía, Matarile prepara unha nova creación, PROYECTO WOODMAN, dirixida por Baltasar Patiño, coa estrea prevista a finais de 2022.
Trilogía de la Fragilidad
Desta triloxía di Vallés: “Esta triloxía pretende ser unha homenaxe á fraxilidade, un dos temas cos que sempre reflexionei nos meus espectáculos e que foi impregnando pouco a pouco todos os demais nestes últimos anos. A consciencia da fraxilidade do ser humano, pero tamén: a transformación constante, a impermanencia, as ideas e conceptos, a beleza, todo o que vive, todo o que foxe”.
INLOCA
“INLOCA é unha paisaxe, unha metáfora deses lugares aos que fantaseamos con chegar e aos que poñemos, anticipadamente, uns límites”, tal como a define a súa creadora e directora Ana Vallés, fundadora tamén da compañía Matarile, coa que desenvolveu unha linguaxe escénica híbrida onde a performance se mestura coa danza, a plástica ou a palabra.
Nesa fusión de linguaxes móvese a nova proposta, xurdida en 2019 a partir da invitación por parte de Alfredo Sanzol (director do CDN) para realizar unha creación no María Guerrero. Vallés explica que a idea que está no xerme de INLOCA é a necesidade que teñen os humanos de “entrar en lugares descoñecidos”. Vén de “In loca, libremente do latín: lugares onde. E todo xunto, inloca: non tola”.
Trátase, di, dun adxectivo inventado “para negar a tolemia mentres a practicamos. (…) A decisión de entrar en lugares, de franquear unha porta, de rachar o paraugas que nos protexe do caos. A tentación insatisfeita, o desexo perpetuo. Non existen os límites, non se chega a ningún lugar ou estado. Entramos, pero non chegamos”,
Algúns dos temas que se abordan na peza son:
“O diablo na praia. Lucifer, o portador da luz. O anxo máis belo do ceo, que pola súa vaidade e orgullo, por desafiar o poder de Deus, é condenado e convértese en Satanás. O anxo caído.
O paraugas de Deleuze. A loita contra o caos. Ante o que a ciencia e a filosofía crean un paraugas protector, mentres que a arte abre gretas, fisuras polas que se filtra o caos.
A habitación de Tarkovski. A luz como espazo, creadora de atmosferas, temperaturas, aparicións ou distancia. A luz para habitar ou difuminar. As relacións fantasmales.
O ventre da vella. A capacidade de crear. Desde un ventre, desde unha cabeza, desde unha sensibilidade, dos que non se espera nada novo. Un lugar desde o que é posible exporse preguntas e, quizais, tentear algunha resposta. O gran agasallo, unha epifanía.
O traslado do cadáver. Onde levalo, que espazo atopar para as nosas ruínas, as ruínas da vella Europa que, como di Agamben en “Cuando la casa se quema”, puxémoslles tantos parches e démoslles tantas capas de pintura, que parecen intactas.
A forma do cerebro. A partir de Europa ten a forma do meu cerebro, de Cartarescu. O pensar compartido. Pero tamén unha sensación xeneralizada de acabamento, de final dunha civilización (o último dos axiomas de Steiner para definir A idea de Europa)”.
E canto á iluminación e ao espazo escénico, seguindo o selo de calidade habitual da compañía, volve ser primordial na peza a iluminación deseñada por Baltasar Patiño, que nesta ocasión a comparte con Miguel Muñoz. Unha iluminación concibida como atmosfera, xeradora dun ‘espazo elocuente’ e que foi motivo de numerosos premios ao longo da súa carreira.
E, no referente ao elenco, nesta ocasión, Ana Vallés contou cun elenco formado en parte por artistas habituais da compañía (Claudia Faci, Celeste González, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Ana Cotoré, Antón Coucheiro), e dúas novas incorporacións (Alfredo Rodríguez e Alfredo Pérez). O elenco completouse nunha audición realizada no CDN en 2021 (Just for men) na que se presentaron máis de 150 candidatos.
Ficha artística
Dirección e texto:
Ana Vallés
Reparto:
Ana Cotoré
Antón Coucheiro
Claudia Faci
Celeste González
Alfredo Pérez
Alfredo Rodríguez
Ricardo Santana
Nuria Sotelo
Espazo, vídeo e produción de son:
Baltasar Patiño
Iluminación:
Baltasar Patiño
Miguel Muñoz
Axudante de dirección:
Ana Contreras
Outros textos:
Mircea Cartarescu. Fragmentos de Europa tiene la forma de mi cerebro. Tradución de Marian Ochoa de Eribe. Editorial IMPEDIMENTA.
Franco “Bifo” Berardi. Fragmentos de Fenomenología del fin. Tradución de Alejandra López Gabrielidis. Editorial CAJA NEGRA.
Enrique Gavilán
Ana Contreras
Vicente Colomar
Ana Cotoré
Antón Coucheiro
Claudia Faci
Celeste González
Alfredo Rodríguez
Nuria Sotelo
Coreografía:
Intérpretes
Ana Vallés
Asistente de espazo, vestiario e obxectos: Lara Contreras
Asistente de coreografía: Paloma Díaz
Vestiario:
LA CANALLA
MATARILE
Vídeo-difusión e documentación: Edición Rusa
Fotografía Matarile: Rubén Vilanova
Deseño de cartel: Equipo SOPA
Citas e referencias:
Andrei Tarkovski
Valère Novarina
Juan Muñoz
Giorgio Agamben
Gilles Deleuze
Walter Benjamin
Louise Bourgeois
Kazuo Ohno
Daniel Goleman / Richard Davisond
Patti Smith
Jo Sol
Leopoldo María Panero
George Steiner
Jiddu Krishnamurti
Stefan Zweig
Colaboradores:
Enrique Gavilán
Javier Méndez Oro
Loxística técnica en Compostela: RTA + MATARILE
Produción e Coordinación Matarile: Juancho Gianzo
Axudante de produción: Tati García
Distribución nacional:
Juancho Gianzo
Coprodución:
Centro Dramático Nacional
MATARILE
Coa colaboración da Agadic