in , , ,

Eduardo Rodríguez “Tatán” recibe o Premio Dorotea Bárcena do FETEGA pola súa ampla traxectoria

A entrega do galardón ao titiriteiro e actor será na clausura do festival

Eduardo R. Cunha Tatán

O FETEGA, Festival do Teatro Galego do Carballiño outorga o Premio de Honra Dorotea Bárcena 2022 a Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.

A entrega será na clausura do festival, o venres 9 de setembro no Carballiño. O festival sinala a ampla traxectoria de Tatán, con 39 anos nos que comezou como marionetista e se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galicia, fundador, entre outras de Tanxarina Teatro en 1983.

Co recoñecemento persoal a Tatán, o FETEGA quere extender o recoñecemento ao teatro de títeres e esta arte escénica en específico. “Destacamos a versatilidade dun home que tamén se ten desenvolto coa excelencia da profesión como actor enriba dos escenarios e diante das cámaras cinematográficas”, afirman dende a organización.

Tatán, un ano de recoñecementos

No ano no que se conmemoran os 40 anos da compañía Tanxarina Títeres, son varios os recoñecementos que Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” ten recibido. Recentemente, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia outorgou o Premio de Honra da MIT 2022 ao actor.

O artesán dos monicreques é o fundador desta compañía de referencia dos títeres de Galicia. Xunto con Kukas, Cachirulo ou Viravolta, Tanxarina construíu a partir dos anos 80 unha gran tradición e público afeccionado á arte dos obxectos animados, tanto a través de creacións propias, na organización de festivais coma na divulgación dun oficio entre o artesanal e o experimental.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

José Luis Baños de Cos

José Luis Baños de Cos gaña por segunda vez o Premio Vidal Bolaño con ‘Lume’

figuras do limiar

Javier Martín abre a temporada de outono do TRC Danza