in ,

‘Relato para un incendio’: unha historia de piromanía e bruxería

A obra de Ernesto Is poderá verse o 13 e 14 de xaneiro en Santiago da man da compañía aAntena

Relato para un incendio por aAntena

A compañía de teatro aAntena estará no Salón Teatro de Compostela o 13 e 14 de xaneiro, ás 20:00 horas co espectáculo Relato para un incendio, de Ernesto Is. A obra é parte da Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada pola Xunta, así a compañía realizou esta montaxe en coprodución co Centro Dramático Galego.

Relato para un incendio de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016 , todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país .

A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva.
Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes: Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, baixo a dirección de Xosé Leis, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada “Pirómana de Cerceda”.

Unha deriva onde acompañan os nosos ollos a un pasado recente dando vida ás veciñas e veciños da comarca de Ordes aos que entrevistou o antropólogo, recuperando e homenaxeando a esas
persoas que conteñen a nosa memoria de tradición, mitos e rituais. Compoñendo as personaxes a partires das gravacións reais arquivadas no Museo do Pobo Galego.

Un cuestionamento dos métodos creativos doutro danés creador que usou a figura da muller nos seus filmes como imaxe central e que plantexaba unha procura dos obxectivos do plano por riba da saúde e integridade das súas interpretes, sendo levadas a situacións límite na busca dunha verdade que quizais non xustificaba eses medios.


Publicidade

Unha reflexión sobre que foi o que levou a unha veciña a ser a única condenada polos catastróficos incendios do verán de 2016, sendo a única persoa con sentenza firme culpable polos feitos , aínda non chegando o seu mal facer ao 5% dos terreos queimados nese verán. As bruxas, o lume, o castigo feminino como puntos fortes nos que apoiar unha posta en escena chea de audiovisual, recreación histórica, reflexión e humor.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

erreguete 104 e libros

Presentación da erregueté en Compostela

Mosca de Artika Cia con Fernanda Barrio Martin Maez e Rocio Salgado

O bullying sobe a escena en ‘Mosca’ de Ártika Cía e Gustavo del Río