in , ,

Os Premios Max 2024 teñen candidaturas galegas

Tras esta primeira selección, un xurado escollerá as finalistas

AlvaroArribi BERRO3
'Berro', de Nova Galega de Danza. Foto de Álvaro Arribi.

A XXVII edición dos Premios Max das Artes Escénicas vén de desvelar os 186 espectáculos candidatos a optar a un galardón dentro das diferentes categorías que contempla. Entre eles, hai varios espectáculos galegos ou con forte presenza galega.

O auto do Castromil, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Producións Teatrais Excéntricas opta ao premio ao mellor espectáculo, e Octavio Mas, á mellor iluminación, polo seu traballo nesa peza. A produción do CDG Un hotel de primeira sobre o río tamén conta con varias candidaturas: María Torres e Gonçalo Guerreiro optan ao mellor dirección de escena; Gonçalo Guerreiro tamén pode levar o premio ao mellor deseño de espazo escénico; Carolina Díguele, ao mellor deseño de vestiario e Nacho Martín, ao mellor deseño de iluminación.

O espectáculo Iribarne, de ButacaZero, é candidato na categoría de mellor deseño de iluminación, para Diego Vilar; e mellor actriz para Lidia Veiga. Nova Galega de Danza, pola súa banda, acadou candidaturas aos premios ao mellor espectáculo de danza, á mellor coreografía (Sharon Fridman e Jaime Pablo Díaz), ao mellor vestiario e ao mellor intérprete masculino de danza (Jaime Pablo Díaz) grazas a Berro, a montaxe coa que celebra os seu vixésimo aniversario sobre as táboas.


Publicidade

Só un solo, de Mario G. Cortizo, opta tamén ao premio ao mellor espectáculo musical ou lírico. Tito Asorey e Vanesa Sotelo son tamén candidatos á mellor adaptación ou versión de obra teatral ou coreográfica por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro. E Supernormales, do Centro Dramático Nacional, escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida por Iñaki Rikarte, opta ao premio ao mellor espectáculo.

Tras esta primeira selección, un xurado escollerá as candidaturas finalistas que optarán aos Premios Max 2024. Os Premios Max están organizados pola SGAE a través da Fundación SGAE e este ano celebraranse en Tenerife o 1 de xullo. Listaxe completa de espectáculos candidatos aos Premios Max 2024

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O deus do pop. Diego Anido

Diego Anido gaña o XXIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

As damas de Ferrol César Seijas

As damas de Ferrol