in

Manekineko estrea ‘Cancións amarelas, flores tristes’ en Vigo

Trátase do primeiro proxecto teatral conxunto da directora e actriz Nerea Brey e o dramaturgo Ernesto Is

CANCIÓNS AMARELAS, FLORES TRISTES © Cristian Farpón 2 red
'Cancións amarelas, flores tristes', de Manekineko. Foto de Cristian Farpón.

A compañía Manekineko estrea Cancións amarelas, flores tristes, a súa primeira produción, este venres, 15 de marzo, no Auditorio Municipal de Vigo, dentro da programación de Vigocultura. Trátase do primeiro proxecto teatral conxunto da directora e actriz Nerea Brey e o dramaturgo Ernesto Is: un espectáculo protagonizado por María Costas, Nacho Castaño, María de las Llanderas e Fran Nogueira, con espazo escénico de Beatriz de Vega e vestiario de Javier Lojo.

En Cancións amarelas, flores tristes, catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, coinciden unha noite nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e os problemas que os levan a refuxiarse neste local onde constrúen os seus propios paraísos artificiais.

Manekineko presenta unha montaxe inmersiva, concibida tanto para teatros como para espazos de representación non convencionais, que incorpora aos espectadores e espectadoras en escena, ofrecéndolles unha experiencia de proximidade. A hiperprodutividade, a fraxilidade dos vínculos afectivos, a non autoaceptación, a soidade ou a inestabilidade económica son algunhas das temáticas presentes nesta obra que se estreará mañá en Vigo e que chegará a diversas localidades galegas como Carballo (21 de marzo), Rianxo (23 de marzo), Lugo (4 de abril), Betanzos (6 de abril), A Coruña (10 de maio) e Ribadavia (19 de xullo).


Publicidade

Cancións amarelas, flores tristes conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Programa de Residencias do Centro de Recursos Escénicos do Principado de Asturias, a MIT de Ribadavia e Coca-Cola España; e a dramaturxia partiu do texto Canciones amarillas para flores tristes, que Ernesto Is escribira dentro do programa Nuevas Dramaturgias, de Euskadi.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Manuela Rey Is In Da House

O CDG estrea en Galicia ‘Manuela Rey Is In Da House’

Pintada homófoba na rúa Federico García Lorca de Bellavista de Aljaraque (Huelva). Imaxe de El Correo de Andalucía.

A Casa Colorida