Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 12

Decembro 2020

Rematamos o último boletín deste malfadado ano 2020, animando a visitar o FTMC que se enriquece con tres novos títulos: Malcriada, Paisajes escénicos e Violência. Ademais de salientar Unha rosa é unha rosa e Seis personajes en busca de autor, dúas obras que xa formaban parte dos máis de novecentos volumes de teatro que se poden consultar na Biblioteca Pública de Cangas.

malcriada Esther

Malcriada

de Esther F. Carrodeguas

Edicións Positivas, 2020

Paisajes Escénicos

Paisajes escénicos

de Manuel V. Vilanova

Edita Fiestacultura

A peza recolle anacos de experiencias, impresiones e denuncias que a autora escoitou nun obradoiro de teatro –realizado en colaboración coa compañía Chévere– no que participaron mulleres da Asociación Galega de Empregadas do Fogar (Xiara). Con este material constrúe a  historia posible da vida dunha muller anónima (fregona filla de fregona) que empeza a traballar aos doce anos e con sesenta e cinco comeza a percibir unha pensión miserable porque ningún dos “señores” quixo valorar xustamente o seu traballo. É a historia dunha vida de silencios, de bocas caladas, de impotencia, de persoas que non reivindican os seus dereitos porque saben que as botarán.

Malcriada é un monólogo de teatro escrito en verso, unha voz coral, que ambiciona converterse nun espectáculo teatral para que esa muller –esas mulleres– presenten a súa queixa e formulen a súa denuncia.

Esther Carrodeguas (Rianxo, 1979) é dramaturga, actriz e directora teatral. Integra a compañía ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira. Foi directora do grupo de Teatro Airiños de Rianxo e forma parte do Consello de Redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro.

En 2015 recibiu o X Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia por Voaxa e Carmín. Ten publicado, entre outras, as seguintes obras: Collage, Loló e Mamá, Barbarie en branco e negro e República.

Paisajes escénicos é un amplo e documentado estudo que rescata as Artes de Rúa dun prolongado silencio académico no Estado español. Describe unha realidade que abrangue cinco décadas de teatro de rúa, de propostas artísticas –realizadas fóra dos escenarios tradicionais– que podemos atoparnos calquera día en calquera vila ou cidade.

Organizado en cinco grandes capítulos, os tres primeiros (Entremeses, Los cimientos, El nacimiento) contan, desde unha análise histórica, social e política, como e por que nace e emerxe o teatro de rúa en España e cales son os seus antecedentes a nivel mundial. La época dorada sitúanos na década dos 90 e mostra a eclosión xeral da cultura, da arte e en particular do teatro de rúa en España. O último capítulo, De la crisis a la pandemia, analiza polo miúdo o impacto que tivo e segue tendo a crise de 2008 na sociedade e, por tanto, nas artes de rúa. O libro conclúe expoñendo a desacougante e devastadora situación para as artes de rúa provocada pola pandemia global do COVID-19.

Ademais do valor documental, histórico e pedagóxico da publicación, compre subliñar o seu interese sociolóxico e político, pois é un manifesto a favor dos espazos públicos e  da cultura nos espazos públicos, algo absolutamente irrenunciábel nunha sociedade democrática avanzada social e culturalmente.

Manuel Vilanova, o autor, dedicoulle a maior parte da súa vida ao teatro de rúa fundando en 1983 a Compañía Xarxa Teatre, de recoñecido prestixio internacional. E, ademais de impulsor, creador de encontros, obradoiros, cursos e festivais de artes de rúa, é editor de diferentes publicacións entre as que se encontra Fiestacultura, revista trimestral  especializada en teatro de rúa e festa. Esta revista, e o volume Hamlet, Tartuf, Don Juan, Marguerite Gautier: Centre Dramàtic Vila- Real 2012-2015, poden consultarse no FTMC.

violência FTMC

Violência

Fetiche do homem bom
de Cláudia Lucas Chéu

Teatro Nacional D. María II. Edita: Bicho do mato.

unha rosa é unha rosa

Unha rosa é unha rosa

de Suso de Toro

Edicións Xerais, 1997.

Este volume reúne catro pezas para teatro de Cláudia Lucas Chéu, nas que se olla de fronte, cun sentido de urxencia, para a nosa contemporaneidade.

Violência–Fetiche do homem bom é unha viaxe exploratoria aos abismos máis subterráneos e duros da violencia humana, guiada por  dous irmáns, Miguel e Gabriel, adeptos á comida basura e fans da estrela porno Sasha Grey.

Spirale de jouissance–Círculo onanista, peza para ser dita en francés con subtítulos en portugués, sitúanos fronte a fronte cun actor, no centro dun peep show.

Nunha época en que Europa vive obcecada coa crise económica, o proxecto de dous irmáns da clase alta é morrer sepultados en diñeiro. En Bank, bank, You´re dead? falase do capitalismo e da hipermodernidade, mais tamén do amor e da ética.

Europa, ich liebe dich está construída a partir do mito grego no que a princesa fenicia Europa é raptada por Zeus –disfrazado de touro– e procurada polo seu pai. Proponse aquí unha discoperformance arredor do mito da fundación do noso continente.

A autora, Cláudia Lucas, naceu en Lisboa en 1978. Estreouse como directora de escena no Teatro Sâo Luís con Poltrona–Monólogo para unha muller, continuando na dirección de diferentes espectáculos, entre eles Europa, ich liebe dich no Teatro Rápido.

Foi distinguida no Encontro de Novas Dramaturxias Contemporáneas co texto Mesa 4 e galardoada cun Emmy coma unha das guionistas da telenovela Lazos de sangue. Gusta do pos-dramático e da filosofía.

Comedia con moito sentido do humor e xogos de palabras que fan divertida e amena a súa lectura. É unha crítica á sociedade consumista, así como á hipocrisía e á ambición.

Ao longo da obra está presente a serie televisiva do tenente Colombo a través dun diálogo constante, pois ambas tramas gardan certo paralelismo: comeza cun asasinato e remata con varias mortes simultáneas. Todo un despropósito que non fai perder, en ningún momento, o aspecto cómico no medio da traxedia.

Un texto moi recomendable para secundaria e bacharelato, cunha linguaxe informal e, nalgún momento, vulgar, no que se reflictan as diferenzas xeracionais entre os personaxes dunha mesma estirpe familiar.

seis personajes en busca de autor

Seis personajes en busca de autor

de  Luigi Pirandello

Traducción de Leonardo Valencia Assorga. Unidad Editorial, 1999.

Este é, talvez, o texto máis representativo de Pirandello.  O propio título revela o que hai de  metateatro e metaliteratura na peza.

Son seis personaxes, pertencentes a unha mesma familia, buscando contar a súa historia chea de drama e conflitos. Preséntanse nun ensaio teatral e interactúan co director e cos actores, coa pretensión de que a súa historia se escriba e represente tal cal foi.

Este 2020 hai un século que se escribiu e representou esta peza, aínda que non se publicaría até 1925. Moi recomendábel para traballar en literatura no bacharelato, mais tamén en filosofía, pois motiva a reflexionar sobre a condición humana e as súas emocións máis complexas: realidade vs. ficción, creador vs. creación.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.