Obradoiro de danza contemporánea en Carballo

A compañía de Andrea Quintana impartirá en Carballo un obradoiro de danza contemporánea dirixido a maiores de 18 anos interesados/as na creación escénica, intérpretes, bailarinas e bailaríns e público en xeral. A través de exercicios e prácticas que foron o punto de partida para a creación de materiais de Hollywood, utilizarase o corpo pero tamén a palabra como arma destrución do sentido das cousas.

Os/as participantes están convidados/as a formar parte da obra, e serán protagonistas dunha das escenas da peza Hollywood, que a compañía representará o venres no Pazo da Cultura dentro do Primavera enDanza (creación e dirección de Andrea Quintana e Alberto Cortés).

Deixar unha resposta