in ,

“O señorito da Reboraina” en Redondela

reboraina |

Hoxe preséntase unha versión dramática de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo, no Auditorio Multiusos de Redondela. A adaptación dramática, versionada por Vanesa Sotelo, débese ao alumnado e profesorado da Escola de Arte Dramática (ESAD) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.

Trátase dun espectáculo realizado a través da integración do alumnado de segundo curso de dirección escénica e dramaturxia, escenografía e interpretación, e a colaboración do alumnado de terceiro de dirección escénica e dramaturxia, na materia de producción, e baixo a titorización do profesorado de interpretación, dirección escénica, escenografía e produción.

A estrea celebrarase hoxe 25 de maio. Pola mañá terá lugar unha sesión para os estudantes das escolas públicas de Redondela. Á tarde, ás 20:00 pm, será a sesión para o público en xeral.

A entrada é gratuíta.

O señorito da Reboraina é a única novela en galego publicada por Ramón Otero Pedrayo na posguerra. O seu protagonista é Xoán Manuel Pereira, veciño de Reboreda, onde aínda se mantén o pazo onde naceu e viviu.


Publicidade

A vida intensa e apaixonada do señorito explícase pola súa militancia progresista nun período de revolucións. Ocupou varios cargos políticos (deputado no Parlamento, senador e presidente da Deputación de Pontevedra), pasou pola cadea na illa de Santo Antón da Coruña (acusado de conspiración republicana) e chegou a ser embaixador na China.

Esta última experiencia levouno a publicar Los países de extremo oriente, obra que acaba de ser reeditada en edición de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

 

Na montaxe participan:

ALUMNADO
Erea Arocas Montenegro, Miguel Couso Martínez , Aldán López Dacosta, Alvaro Reboredo Ortega, Amparo Rodríguez de Dios, Vanessa Álvarez Grahovec, Maica Aguado Taboada, Julia Alonso Bacelar, Miguel Alonso González, Maite Candamo Romaní, Graciela Carlos Costas, Sara Fernández González, Sara Ferro Feal, Isabel Garrido Fernández, Teresa López Velo, Diego Martínez Martínez, Lía Meis Allo, Alba Muñoz da Gloria, Yohel Santos González, Uxía Algarra Cajide, Marta Fialho Pérez, Noelia González Pérez, Yolanda Iglesias Giráldez, Lydia López Prada, Carlota Mosquera Rodríguez, Anxo Outumuro Abad, Carlos de Paz Otero, Alba Pérez Sánchez, Mario Rodríguez López, Ana Ránchez Areán, Diego Rey Núñez, Laura Porto Crabeiro.

PROFESORADO
Camen Labella Rivas, Chus Ramos Calvelo, Carlos Pinilla, Olga Magaña, Ermel Morales, Xavier Castiñeiras.

ASISTENCIA TÉCNICA
Javier Quintana

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OlallaRodill |

O BNG pídelle á Xunta unha mesa de diálogo co sector teatral para reactivar o Centro Dramático Galego

backstage2 |

Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic