Volve o Festival de Marionetas do Porto a partir do 13 de outubro

Igor Gandra, director artístico do FIMP, salienta o papel que a Cámara Municipal do Porto desempeñou na continuidade do festival, referindo “o facto de o FIMP continuar a acontecer devido ao reforço extraordinário do apoio da autarquia, sem o qual poderia ter acabado.” | Foto: Aglae Bory (Sans Objet de Aurélien Bory |

Do 13 a 20 de outubro, o FIMP’18 reunirá 13 compañías de seis países e tres continentes, dando corpo ás mais diversas expresións do teatro da materia animada. A edición de 2018, desenvólvese grazas ao apoio extraordinario da Cámara Municipal do Porto, após o festival ter perdido o apoio da Direção-Geral das Artes.

Segundo Igor Gandra, director artístico do FIMP, a 29ª edición vai seguir dúas liñas orientadoras: unha prospectiva, na cal se invita a mirar cara ao futuro, ao tempo que cuestións relacionadas coa tradición van obrigar a revisitar certas metodoloxías utilizadas no pasado.

O festival, que arranca oficialmente o 13 de outubro, esténdese a toda a cidade, desenvolvéndose nas salas do Teatro Municipal do Porto (TMP), Rivoli e Campo Alegre, no Mosteiro de São Bento da Vitória e no Teatro Carlos Alberto do Teatro Nacional de São João, e en locais mais inusitados, como o Metro da Trindade, as escolas da Freguesía de Ramalde e, como habitualmente, na Sala de Ensaios do Teatro de Ferro.

As actividades, no entanto, comezan xa no día 10 coa reposición de Frágil, do Teatro de Marionetas do Porto, que celebra o seu 30º aniversario en 2018.

Igor Gandra destaca esta edición como un bo exemplo da “natureza híbrida do programa do FIMP, no que os obxectos e a materia animada asumen o protagonismo”, con pezas que van do cruzamento entre o teatro de marionetas e outras linguaxes ata a relación entre o teatro visual e a robótica industrial. Un bo exemplo disto é o regreso da Compagnie 111 e do director de escena Aurélien Bory con Sans Objet [13 de outubro, ás 21:00, no Teatro Rivoli] unha reflexión sobre as relacións entre home e máquina protagonizada por dous bailaríns e un brazo robótico manipulador.

No lado mais intimista do festival, o catalán Xavier Bobés presentará Cosas que se olvidan fácilmente [días 13, 14 e 15 de outubro, con pases ás 15:00, 18:00 e 22:00], unha peza que parte de obxectos atopados para reflexionar sobre a historia recente.O Théâtre de la Licorne volve ao FIMP con dous espectáculos, Sweet Home, without a fit of conscienceMacbêtes, the tragic nights, duas pezas concibidas para espazos intimistas. Doutra banda, Claudia Días presenta Quarta Feira: O tempo das cerejas, o terceiro episodio do ciclo Sete Anos, Sete Peças iniciado en 2016 [14 de outubro ás 21:00, no Teatro do Campo Alegre].

Hai que mencionar, igualmente, a 3ª edición da Bolsa de Criação Isabel Alves Costa, froito dunha parcería entre o FIMP, o Teatro Municipal do Porto e as Comédias do Minho, que levará a escena o proxecto vencedor, Fogo Lento, de Costanza Givone [días 19 e 20 no Teatro do Campo Alegre].

Ao longo do festival haberá varias actividades de acesso gratuíto, como as funcións de Teatro Dom Roberto, de Red Cloud, que presentará a peza na praza do Metro da Trindade e na Junta de Freguesia de Ramalde. No Teatro de Ferro, todas os obradoiros e ‘work in progress’ son tamén de entrada gratuíta.

 

Deixar unha resposta